Son socorrista, técnico de actividades acuáticas e de sala fitness en Máis que Auga Navia. Coordino o grupo de running e son responsable de Máis que un Plan: un programa de actividades diferentes, moitas delas de balde, coas que ofrecemos un servizo extra no que combinar deporte, natureza, familia, ocio e saúde. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.
Son técnico de sala fitness e podes atoparme nas instalacións de Máis que Auga Coia. A miña experiencia en varios centros deportivos e escolares especializoume no adestramento funcional con materiais novos e creativos que permiten optimizar todo o corpo. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte e máster en dirección de proxectos deportivos.
Son responsable da Academia de Pádel Máis que Auga, onde traballo dende hai tres anos, á vez que remato os meus estudos de psicoloxía. Anteriormente fun adestrador de tenis en diversos centros deportivos durante máis de 15 anos e director de instalacións deportivas durante cinco. A experiencia aportoume novos coñecementos na xestión e organización de eventos deportivos. Son licenciado en ciencias da actividade física e o deporte.
Son a coordinadora técnica de Máis que Auga Barreiro. Logo da miña experiencia en actividades deportivas organizadas por institucións públicas, levo seis anos en Máis que Auga e anteriormente fun técnica de sala e actividades dirixidas neste e noutros centros. Formeime na xestión de equipos e coordinación. Son licenciada en ciencias da actividade física e o deporte.
Son responsable da Academia de Pádel Máis que Auga, onde traballo dende hai cinco anos. Levo máis de dez anos vencellado ao mundo do deporte con raqueta, primeiro como técnico e despois na xerencia e xestión de equipos. Son árbitro e monitor nacional de tenis e xuíz e árbitro nacional de pádel. Son graduando en relacións laborais e recursos humáns.