O taekwondo infantil de Máis que Auga destaca en Cangas

Sesenta rapaces e rapazas que practican Taekwondo infantil nas instalacións de Máis que Auga tiveron ocasión de participar esta fin de semana no XIII trofeo Vila de Cangas, que para moitos foi a primeira experiencia de competición. O grupo está dirixido pola técnica María Bautista, adestradora nacional desde 2003 e árbitro internacional desde 2005, ademais de premio Galicia de Deporte en 2016, .

Os alumnos e alumnas de Máis que Auga participaron no certame, celebrado o 5 de maio, xunto a 300 competidores e volveron con medallas en todas as categorías: desde os máis pequenos, os Pitufos, de 5 anos, ata os infantís, a máxima categoría na que os representantes de Máis que Auga obtiveron dúas medallas de ouro. En total foron 21 metais conseguidos nas categorías de Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

A propia María Bautista foi galardonada no mesmo acto, coa Medalla de prata ao mérito deportivo da Real Federación Española de Taekwondo.

Aquí vos deixamos a galería de fotos: