O Samaín chega a Máis que Auga

26/10/2015

Chega a noite do medo e dos espíritos e en Máis que Auga imos celebrala como se merece. Sen medo e con moita diversión, imos realizar talleres creativos e concursos de disfraces para nen@s e adultos.

puertas abiertas- padelO día 29 de outubro (de 18.00 h a 20.00 horas) comezará a festividade do Samaín en Máis que Auga Barreiro, onde celebraremos un taller gratuíto de cabazas para país e fillos. Cada familia (socia de Máis que Auga) debe traer a súa propia cabaza e xuntos tallarémolas e decorarémolas para que queden monstruosas!

Ao día seguinte 30 de outubro, seguimos coa festa. Invitámosvos a participar nun concurso de disfraces para adultos con premios para os máis currados e orixinais nas tres instalacións (Barreiro, Coia e Navia). Subiremos as fotos ao facebook e os gañadores serán elixidos por todos vos. Gañarán aqueles que reciban máis me gusta e compartidos.

Pola tarde (de 16.00 h a 20.00 horas) en Máis que Auga Navia, no centro de ocio infantil, organizaremos  o obradoiro “A carpa das meigas” no que teremos un pintacaras terroríficas, taller de decoración da Cabaza Máis que Peques e un taller de cociña “de medo”. Será unha actividade gratuíta para @s nen@s soci@s de Máis que Auga (de 2 a 12 anos), mentres que as persoas que non sexan abonadas deberán pagar 4 euros pola actividade. Todos os interesados  podedes incribirvos, ata esgotar as prazas dispoñibles, no seguinte enlace. O prazo de inscrición remata o xoves 29 de outubro.