O sábado 16, masterclass de Biomecánica en Navia

12/01/2016

O sábado 16 de xaneiro (10.00 horas) celebraremos en Máis que Auga Navia unha masterclass de biomecánica sobre boas posturas e prevención de lesións na bicicleta.

Esta actividade, incluída en Máis que un Plan, será impartida polo biomecánico Adolfo Vigo, do estudo de biomecánica e adestramento Pedalea bien.  O prezo da clase será de 2 euros para socios de Máis que Auga e de 4 para non abonados. Podes reservar a túa praza nesta ligazón ou ben na recepción de calquera das nosas instalacións (Barreiro, Coia e Navia). Prazas limitadas.

No caso de que haxa unha gran demanda, habilitaríase unha segunda quenda a partir das 12.00 horas. O prazo de inscrición finaliza o vindeiro venres 15.

 

 

masterclass-biomecanica-CARTEL