Clase `Especial efectos remate´ da academia de pádel, o día 13

A academia de pádel Máis que Auga celebra o sábado 13 de febreiro (a partir das 10.30 horas) a clase Especial efectos remate no centro de pádel de Navia. Esta actividade será gratis i exclusiva para os/as alumnos/as da academia, que queiran reforzar o seu remate.

A clase, ofrecida polos profesores da Academia, estará dividida por niveles: Os que están no período de iniciación (pas amarela e laranxa) terán a súa clase de 10.30 h. a 11.30 horas; os de nivel intermedio ( pa verde) comezarán ás 11.30 horas e os avanzados (pas azul e marrón) ás 12.30 horas. Na clase traballaremos os efectos que podemos imprimirlle á bola no momento do remate.

Todos/as os/as interesados podedes inscribirvos a través deste enlace: