O Nadal é tempo de Máis que Auga

As vacacións de Nadal están a piques de comezar para moitos de vos. Pero en Máis que Auga non marchamos, estamos abertos e continuamos coa nosa actividade. Queremos poñercho doado para que goces do teu tempo de ocio extra con actividade física e sobre todo que te sintas mellor despois de todo o festival gastronómico no que te vas sumerxir nestas semanas.  

O Nadal é un tempo estupendo para acudir as nosas instalacións a practicar deporte en familia e gozar do exercicio dun xeito máis lúdico. Ven nadar coa túa parella ás nosas piscinas, apúntate a unha clase de zumba coa túa irmá e de paso practica eses bailes que, inevitablemente, sabes que van chegar nas longas veladas de noiteboa ou fin de ano. 

Queda cos teus amigos para xogar unha partida de pádel e presume da túa victoria cando quedes para tomar unhas cañas.  Súmate as clases de fitness express para as que habitualmente non tes tempo polo teu horario e arríscate a facer exercicios de alta intensidade probando unha das nosas sesións de wodfit.

Divírtete e libera adrenalina durante este último trimestre nas nosas clases de fitball drums e deixa que as baquetas che axuden a botar fora o estrés e as toxinas físicas e psíquicas acumuladas. Aproveita para mimar o teu corpo e regálate tempo para ti no noso balneario urbano: goza das nosas piscinas de chorros, das nosas duchas de esencias.

E por suposto non esquezas pedir cita no Servizo de Estética para gozar dos nosos tratamentos corporais e faciais para estar máis radiante tanto por fora como por dentro nestas festas.  Fai o que queiras pero non desperdicies o tempo para gozar. Aproveita o Nadal para regalarte Máis que Auga!