O método Les Mills, agora en Máis que Auga

03/09/2018

O método Les Mills aterra hoxe Máis que Auga coa posta en marcha das clases de body pump e body combat, dúas prácticas deportivas incluidas na oferta de actividades dirixidas dos centros. Pero, que é exactamente Les Mills?

O método xurdiu en Nova Zelanda en 1968, cando o atleta olímpico Les Mills abriu un ximnasio en Auckland con clases colectivas coas que revolucionaría as actividades dirixidas de fitness en todo o mundo. A clave da metodoloxía é a obtención dos mellores resultados físicos nun tempo récord.

A queima de calorías (unhas 600 en cada sesión de adestramento), sumada á diversión grupal con música e a mellora da forza, a resistencia e a tonificación muscular son as razóns do éxito de Les Mills en todo o mundo, que xa conta con máis de 100.000 técnicos formados.

Non foi ata 1997 cando unha das actividades do método, o body pump, pasaría a ser a máis practicada en todo o mundo, acadando hoxe os 8 millóns de persoas que a practican semanalmente.

Dende ese mesmo ano, Actividades Españolas de Fitness y Aerobic (AEFA) é a axencia oficial de Les Mills España.

A incorporación das clases de body pump e body combat, dúas das actividades máis populares do método Les Mills, en Máis que Auga, achega aos nosos usuarios unha oportunidade única de estar en forma sen deixar se divertirse.

E ti, estás preparado para probar Les Mills? Consulta os horarios aquí: