O Indoorwalking chega a Máis que Auga!

Chega a Máis que Auga unha nova maneira de facer deporte en grupo, con música e sobre unha máquina elíptica: trátase de Indoorwalking, unha modalidade que vimos de incorporar nas instalacións de Navia e que temos previsto incluir tamén no resto de centros de Barreiro e Coia. Unha vez máis somos pioneiros entre os ximnasios de Vigo xa que somos os primeiros e os únicos en incorporar este sistema de adestramento

Indoorwalking é unha actividade dirixida por un monitor que, ao través dunha sesión virtual,  propón un programa de cardio apto para todo o mundo. Indoorwalking é un progama que leva xa 8 anos en activo e está  presente en máis de 20 países con presenza en máis de 300 clubes.

Estamos convencidos de que Indoorwalking vai ser unha  experiencia positiva para os nosos usuarios xa que se trata  dun xeito moi doado  de realizar un adestramento de cardio, e ademáis grazas a que é unha sesión virtual, un pode acudir ás clases nos momento que queira ou que mellor lle veña.

Indoorwalking está collendo moita forza a nivel nacional e é un programa de referencia nos principais ximnasios do noso país. Aínda que as máquinas están recén chegadas ás instalacións, tantos os nosos técnicos como os usuarios máis curiosos, xa tiveron a oportunidade de probalas.  Estamos segurísimos de que Indoorwalking é un éxito asegurado despois de escoitar os comentarios tanto duns como dos outros. Así que, a qué agardas para probala ti tamén?