O FestiMáis amosa a capacidade mobilizadora de Máis que Auga

O 7 de xullo quedará fixado na memoria de Máis que Auga como o día no que co esforzo conxunto dun equipo formado integramente por persoal dos centros logrou levantar e poñer andar unha experiencia de solidaria, destinada aos usuarios e ao público en xeral.

A recadación solidaria de 2.000 euros, da que se fixo entrega a Asociación oncolóxica infantil Bicos de Papel, non é con todo o que significa o máis importante. A acción supuxo un plus de visibilidade para a asociación nos medios e nas redes sociais.

A implicación dos usuarios e usuarias de Máis que Auga quedaba patente mediante unha fila cero solidaria que logrou sumar 500 kilómetros de largos na piscina ou en diversas máquinas da sala fitness , ao tempo que engadían novas doazóns para a causa solidaria.

Desde o punto de vista de Máis que Auga, a experiencia conseguiu poñer a proba a capacidade organizativa dunha empresa de servizos deportivos que demostrou un alto nivel de organización, eficacia e implicación para producir un evento das características do FestiMáis.

Atender ás familias, desde a organización da diversión para os máis pequenos ata as necesidades alimenticias dos asistentes era o obxectivo número un. Pero ademais dun equipo coordinado, para poñer en marcha eventos deportivos atractivos en contacto directo co público fai falta un equipo motivado. E nese terreo, os técnicos e técnicas de Máis que Auga demostraron que están a altura dos grandes retos.

En definitiva, o FestiMáis demostrou ser unha festa de verán que fixo evidente o papel do deporte como motor social, capaz de canalizar enerxías positivas e dar impulso a iniciativas de carácter solidario, co respaldo dun equipo profesional persoalmente implicado no esforzo extra da organización.