O equipo masculino de Máis que Auga ascende a Primeira División

23/05/2016

Os equipos de pádel de Máis que Auga seguen sumando éxitos nunha tempada que vai pasar á historia e que confirma, non só o crecemento cuantitativo da academia, senón tamén o aumento do nivel dos seus compoñentes.

O equipo Academia de Pádel Máis Que Auga en categoría masculina A conseguiu este fin de semana o ascenso a Primeira División da liga Rías Baixas, competición oficial que organiza a Federación Galega de Pádel. Un ambicioso obxectivo que se marcaron ao comezo de tempada e que se conseguiu de forma merecida. Este ascenso significa que o noso equipo masculino vai competir entre os 16 mellores de Galicia.

E a maiores, o equipo Academia de Pádel Máis que Auga feminino Dentia tamén pechou un bo fin de semana logrando a permanencia na Segunda División desta mesma liga que organiza a Federación Galega.