O día 27 de febreiro buscamos talentos no pádel

20/02/2016

O día 27 de febreiro a Academia de Pádel Máis que Auga, en colaboración coa Federación Galega de Pádel, celebra unha xornada de detección de talentos en todas as categorías.

Esta actividade, que é exclusiva para os alumnos da Academia de Pádel, é a primeira vez que se celebra en Galicia. A xornada comezará ás 17.00 horas cos benxamíns e posteriormente continuarase cos prebenxamíns, alevíns, infantís e cadetes.

Todos/as  os/as alumnos /as da Academia interesados/as en coñecer as súas posibilidades no pádel poden inscribirse para participar nesta xornada a través da seguinte ligazón.