O día 19 de decembro, terceira proba do Circuíto de Menores de Pádel

O día 19 de decembro celebrarase nas instalacións de Barreiro e Navia a tercera proba do Circuíto de Menores de Pádel para as categorías prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadete e júnior. Esta actividade, de carácter gratuíto, é para os cursillistas e alumnos da Academia de Pádel Máis que Auga.

circuito de menoresOs horarios para esta proba serán os seguintes:

-Prebenxamíns (7 e 8 anos) – Barreiro de 15.30 h- a 17.00 horas.

– Benxamíns (9 e 10 anos) – Navia de 15.30 h. a 17.00 horas

– Alevíns e infantís (11 a 14 anos) – Barreiro de 17.00 h. a 18.30 horas.

– Cadetes e junior (+14 años) – Navia de 17.00 h. a 18.30 horas.