O Campus de verán Máis que Auga incorpora o pago fraccionado

O Campus de verán Máis que Auga ten aberta a súa fase de inscrición a prezo reducido ata o día 15 de xuño. O noso campus ofrece aos pais e nais interesados a máxima flexibilidade de períodos e horarios na contratación. E agora ademais os usuarios poden fraccionar o prezo:

  • Consulta ao final desta entrada as tarifas para o Campus de verán Máis que Auga ou Máis que Peques segundo a idade do teu fillo ou filla.

  • Elixe o período que che interese, por semanas, quendas ou mes completo.

  • Á hora de efectuar o pago ti decides se queres fraccionalo ou non. Só tes que facer un ingreso ao contratar o servizo e establecer dúas ou máis cotas ata o vencemento do servizo contratado.

O campus multideporte, en Barreiro e Navia, ofrece aos nenos e nenas a ocasión de gozar dun variado plan de actividades e xogos nas mellores instalacións e cun equipo de técnicos profesionais. Piscina, pádel e salas de multiactividade son o escenario perfecto para a diversión dos máis pequenos.

Máxima flexibilidade no pago, nas actividades e tamén de horarios para promover unha auténtica conciliación.

  • En Barreiro, desde os 4 aos 14 anos de idade, os teus fillos poden gozar do Campus multideporte desde o 22 de Xuño ata fin de Xullo.
    Os horarios de 9.30 a 13.30 horas poden ampliarse coa opción do Madrugadoiro (desde 8.00 horas) e o Mediodía (ata as 15.00 horas). Neste último caso, os rapaces deben traer a súa fiambreira co xantar.

  • En Navia tes dúas opcións:
    O Campus multideporte para rapaces e rapazas de 7 a 14 anos, desde o 22 de Xuño ata o 7 de Setembro. Os horarios, como en Barreiro, de 9.30 a 13.30 horas, coa opción de ampliar horario co Madrugadoiro (desde 8.00 horas) e o Mediodía (ata as 15.00 horas).
    O Campus Máis que Peques, para nenos e nenas de 3 a 6 anos, do 22 de Xuño ao 7 de Setembro. O horario é o mesmo que para o campus multideporte e tamén existe Madrugadoiro e Mediodía.

Ven aos nosos centros de Barreiro ou Navia e infórmate do plan que máis che interesa: diversión para os teus e tranquilidade para ti, porque Máis que Auga está pensado para ti.

Actividades niños vigo Campus de verano Mais que Auga