O adestramento máis rápido: Fitness Express

21/10/2016

En Máis que Auga queremos poñerte as cousas doadas. Fitness Express é unha das nosas actividades  de sala pensada para que podas facer un adestramento moi completo en só 20 minutos.

En que consiste? Trátase dun adestramento funcional dirixido polo técnico de sala no que se fan exercicios de alta e media intensidade, traballando a forza e a resistencia.

O Fitness Express é moi dinámico porque os exercicios fanse en grupo, así que é pefecto para quen non lle guste adestrar en solitario. Faise nas tres instalacións de Máis que Auga tanto pola mañá como pola tarde. Tes Fitness Express aproximadamente cada hora. A clase anúnciase por megafonía,  minutos antes de que de comezo para que podas incorporarte.

Así que xa sabes:  se es dos que quere optimizar o tempo, Fitness Express é a actividade ideal porque en 20 minutos os nosos técnicos traballan contigo todo o corpo. Tamén podes combinala con algunha outra actividade dirixida ou acompañala con outro tipo de adestramento.