Nos ximnasios Vigo Máis que Auga recuperas o custe da matrícula

Se buscas unha instalación para facer deporte cunha ampla gama de actividades, tres centros a elixir e a un prezo módico, nos ximnasios Vigo Máis que Auga atoparás a mellor oferta. E para despexar calquera dúbida agora podes facerte socio coa nosa matrícula Boomerang que converte o prezo da inscrición inicial na cota do doceavo mes. Nos ximnasios Vigo Máis que Auga o teu diñeiro vai e volve: é o premio á túa fidelidade.

Se ainda non es socio aproveita esta oferta que non ten compromiso de permanencia.Ten en conta que é unha oferta non acumulable a outras que estean activas. Adestra con nós e obterás a túa recompensa en benestar, forma física e saúde. E tamén en prezo!

Compromiso nos ximnasios Vigo

Nos sete anos que levamos ofrecendo servizos deportivos en Vigo, mantemos un compromiso coa calidade e a atención aos case 30.000 usuarios e cursillistas que utilizan os nosos centros en Barreiro, Coia e Navia.

Contamos cun equipo profesional de arredor de 120 persoas formadas para ofrecer a mellor atención. Os nosos técnicos dirixen a túa actividade para que poidas desenvolver o teu adestramento baixo unha orientación profesional. E, se o precisas, podes dispoñer da asistencia dun adestrador persoal para unha práctica máis eficaz. Por iso nos ximnasios Vigo Máis que Auga apostamos pola fidelidade.

Nos máis de 26.000 m2 de instalacións deportivas dos nosos ximnasios Vigo dispoñemos dun equipamento sempre actualizado para ofrecerte a mellor tecnoloxía para a túa experiencia deportiva: no último ano incorporamos aparellos para a práctica do tríatlon indoor: skiers, remoergómetros e wattbikes para gozar da experiencia do esquí, o remo e o ciclismo, sen sair do centro. Tamén incorporáronse novas bicis airbike para combinar a marcha e o ciclismo.

Na zona de auga podes gozar do aquagym e outras especialidades que aproveitan o potencial acuático para o teu adestramento.

Se o que buscas é un centro para practicar o pádel, na nosa Academia de pádel en Barreiro e Navia atoparás un equipo profesional que te axudará se queres aprender ou mellorar, e unha gran comunidade de xogadores cos que competir en todos os niveis.

Xa sabes que Máis que Auga ten o mellor prezo do mercado e a mellor oferta en relación á calidade de instalacións e á atención dos nosos profesionais.