Os favoritos dominan no Campionato Provincial absoluto en Navia

09/09/2016

Os favoritos dominan o Campionato provincial absoluto de Pádel que se celebra nas pistas de Máis que Auga en Navia. Tras a primeira xornada, pasan ás semifinais do sábado Paloma Lázaro e Tamara Aranda que derrotaron á parella de Gloria del Río e Vanesa Andrade por 6-0 e 6-1.

No cadro masculino pasan a cuartos as parellas: Alejandro Hernández e Nicolás García; Jorge Rodríguez e Marcos Blanco; Javier García Schachinger e Jorge López; Héctor Guisande e Iago González; Daniel González e José Manuel Ferreño; e David García e Fernando Alonso Población.

A xornada de cuartos terá lugar o sábado en Navia, que volve reunir o mellor pádel da provincia neste Campionato Provincial absoluto no que participan os mellores xogadores do ránking galego. Unha boa ocasión para ver en acción a xogadores como Fernando Alonso Población (1º no ránking galego); as irmáns Carla e Sabela Barciela (1ª e 2ª clasificadas na categoría feminina); e tamén os máis novos, como Héctor Guisande (1º posto da categoría cadete).
A competición promete moita emoción e intensidade, xa que é decisiva para sumar puntos na clasificación galega e tamén para aqueles que aspiran a unha das catro prazas reservadas aos xogadores do circuíto profesional na World Pádel Tour (a Champions league do pádel) que este ano contará cunha proba na Coruña no mes de outubro.