Natalia Dieste, de Bicos de Papel: “co ‘FestiMáis’ conseguimos maior visibilidade”

A unha semana escasa da realización do FestiMáis, a presidenta da asociación Bicos de Papel de pacientes oncolóxicos infantís, Natalia Dieste, o director de operacións de Máis que Auga, Francisco Cortegoso e o coordinador do programa de actividades externas Máis que un Plan, Alejandro Brea, reúnense para definir aspectos pendentes do gran festón organizado para o día 30. Natalia resúmenos nesta entrevista as súas sensacións sobre o evento e fálanos do seu traballo na asociación Bicos de Papel.

Como ves o ambiente?

Cando ves o programa sabes que hai moita xente involucrada e implicada. Iso é o máis importante porque o esencial é que a xente coñeza o que facemos. Ademáis, cumprimos un ano en Vigo o día 28: é como a nosa festa de aniversario.

Como imaxinas a xornada do día 30 en Navia?

O imaxino como unha festa familiar e superdivertida, agradable e supersolidaria. Este tipo de eventos sacan o mellor das persoas. Será unha tarde marabillosa e digna de gozar.

A recadación do FestiMáis irá íntegramente a asociación: é a maior satisfacción?

O diñeiro é importante pero a visibilidade o é máis, se cabe. Que a xente saiba o que estamos a facer na asociación, como o facemos.

Que tipo de axuda prestades aos pacientes oncolóxicos infantís e ás familias?

Temos un sicólogo que axuda ás familias porque o núcleo familiar enteiro, os pais, os irmáns, a propia parella, resíntese cando un neno ou nena é diagnosticado de cancro. E isto é algo que o sistema sanitario non cubre. Nós damos ese apoio mediante terapias de grupo e diversas actividades que axudan moito ás familias.

Onde ofrecedes esa asistencia?

Temos un local no Hospital Álvaro Cunqueiro porque é alí onde se concentra a atención aos rapaces: funcionamos como un sistema sanitario de apoio e somos a asociación de referencia na zona de Vigo. Tratamos cos profesionais oncólogos, coa xerencia e as familias cun protocolo específico, antes, durante e despois dos tratamentos, porque moitas veces hai secuelas.

Ata onde chega o voso radio de acción? 

Apoiamos ás familias tratadas no Hospital Álvaro Cunqueiro, veñan de onde veñan. Son sobre todo persoas de todas as poboacións de Vigo e Ourense.

Como facedes para cubrir os gastos da vosa actividade?

Imos cubrindo os gastos cos recursos que aportan os nosos socios e socias, con cotas fixas ou aportacións esporádicas. E con moita, moita, colaboración.

Programa do FestiMáis