Nais en forma con Máis que Auga

29/04/2018

Nos centros Máis que Auga ofrecemos as nais embarazadas unha gama de adestramentos específicos para antes e despois do parto co obxectivo de manter a forma física e aumentar o benestar nesta etapa tan especial da súa vida. Se es nai, actividades como Fitmom ou Embarazauga e tamén os exercicios hipopresivos están pensados para ti.

O Fitmom é unha actividade que mestura exercicios suaves de ioga e pilates dirixidos e adaptados ás que ides ser nais. O exercicio que se fai aporta benestar á nai e ao bebé. Nas clases trabállase a mobilidade pélvica, a prevención e diminución de dores de costas e a tonificación de diversos grupos musculares. Unha parte moi importante do Fitmom é a relaxación e a respiración.

O Fitmom se pode complementar perfectamente con outra das nosas clases: Embarazauga, exercicios para embarazadas na auga que impartimos nos centros de Barreiro, Coia e Navia.

Ao Fitmom se pode acudir dende as 12 semanas de xestación ata saír de contas, sempre que se teña o consentimento do médico ou o certificado da matrona.

Fitmom postparto

O Fitmom postparto axuda a contrarrestar os desequilibrios musculares producidos polos cambios anatómicos do embarazo. As clases de fitmom postparto duran 45 minutos e nelas se fan exercicios para a recuperación do solo pélvico e a cintura escapular.

As nais teñen posibilidade de acudir soas ou de levar con elas aos seus bebés de 2 a 10 meses. As clases de Fitmom postparto impártense nas instalacións de Coia e Navia.

Hipopresivos

Aínda que non están pensados so para nais, os exercicios hipopresivos son unha práctica boa para o reforzo e a rehabilitación do solo pélvico, a recuperación postparto, o alivio de dores lumbares e o rendemento deportivo. E tamén teñen unha importante función estética porque axudan á redución do perímetro abdominal.

Os hipopresivos son un sistema global de adestramento que mestura técnicas de estiramento do sistema nervioso con traballos de respiración, fundamentalmente apneas. O obxectivo destes exercicios é eliminar as presións intraabdominais.

Se es nai e queres estar en forma con nós, infórmate nos nosos centros de todos os horarios e tarifas dispoñibles para estas actividades.