As mulleres son maioría en Máis que Auga

06/03/2018

Este ano os actos do 8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora, o movemento polo recoñecemento efectivo da igualdade de dereitos sociais e laborais das mulleres, se converteron nunha mobilización de dimensións extraordinarias, coa convocatoria dunha xornada de paro das mulleres.

Máis que Auga é unha empresa na que a presenza das mulleres é algo esencial. As mulleres son o 43,82%, case a metade dos nosos 29.700 clientes, socios e cursillistas. Tamén son mulleres a maioría das profesionais (52,18%), mulleres son as coordenadoras dos centros e noutros postos de responsabilidade.

Dende Máis que Auga promovemos a presencia e a igualdade da muller en todos os ámbitos, non só no profesional. E queremos que sega sendo así, coa axuda de todas vos. Máis que Auga será sempre un espazo compartido, onde mulleres e homes participan xuntos en todo tipo de actividades. Nas nosas instalacións dende wodfit a kickboxing, pasando por gap ou adestramento con TRX a participación da muller é importante. As nosas clientas non teñen barreiras nin prexuizos e nós continuamos a traballar neste aspecto.

Porque cremos na igualdade saudamos a todas as mulleres traballadoras e deportistas nesta xornada histórica.