Os adestramentos do olímpico Chano Rodríguez en Máis que Auga, que mellora a sua marca na piscina de Máis que Auga Navia de cara ós Xogos Paralímpicos de Río 2016, foron seguidos esta semana por un equipo de televisión do canal #0 de Movistar+, para o programa de reportaxes sociais: Diario Vice. O equipo, dirixido Dani Campos, mergullose nas piscinas de Máis que Auga para gravar o adestramento minucioso de Chano Rodríguez.
“Gústalle coñecer todos os exercicios que vai realizar en cada adestramento e se eu non podo vir, quéreos ter antes dunha certa hora para poder interiorizalos”, explica o seu técnico Álex Brea. O carácter de superación, perfeccionamento e ambición do deportista gaditano afincado en Vigo lle permiten manter a tenacidade para competir por unha nova medalla olímpica.
O programa emitirase o 21 de setembro, aínda que mentres podemos ir refrescándonos co making of que adiantamos nas nosas redes sociais.
13
Xul
Movistar+ segue o adestramento de Chano Rodríguez en Máis que Auga
13/07/2016
Artigo anterior
O torneo de pádel pecha a edición 2016 con éxito de público
Seguinte artigo