Marea amarela na Carreira 24 horas

27/08/2018

O equipo de running de Máis que Auga participou un ano máis na V edición da Carreira 24 horas, unha das carreiras populares máis importantes da cidade de Vigo. A nosa marea amarela estivo integrada esta vez por 24 corredores en equipos mixtos, formados por 12 mulleres e 12 homes.

Os membros do equipo de running de Máis que Auga dos centros de Barreiro, Navia e Coia encheron Castrelos de camisolas amarelas e compartiron 24 horas de carreira nas que non faltaron o compañeirismo, a diversión e o respecto polo medio ambiente, e rematando o circuito no máximo número de kilómetros posibles.

Ao longo do ano, o grupo adestrou tres días á semana, cunha xuntanza colectiva cada venres no parque de Castrelos. Longa vida á marea amarela!

Se queres integrarte no equipo de running de Máis que Auga só tes que poñerte en contacto con nós e darémosche toda a información necesaria.

Os nosos técnicos adaptan o adestramento de running a cada perfil, planificando cada sesión e velando por que cada membro ofreza o mellor de si sen sobrepasar os seus límites. Ti tamén podes ser un corredor de Máis que Auga!