Mantente en forma e goza dun verán saudable en Máis que Auga

Durante a tempada estival os centros Máis que Auga manteñen a súa actividade para que poidas continuar a túa posta en forma ou as túas rutinas de mantemento.

  • Como ven sendo habitual teremos un horario especial que podes consultar no documento adxunto ao final desta entrada para tirar o mellor partido das nosas instalacións en Barreiro, Coia ou Navia.
    Lembra que durante os meses de xullo e agosto, os centros pechan ao mediodía e os domingos, pero temos establecido un sistema de rotación para que calquera usuario (non importa de que centro) poda ter sempre dispoñible unha instalación neses horarios: Navia abre ao mediodía e os domingos do 1 ao 31 de xullo. Barreiro do 1 ao 14 de agosto (ata o 15 de agosto os domingos). E Navia do 17 ao 31 de agosto.

    En agosto temos o habitual período de mantemento e limpeza de piscinas que nos obriga a prescindir da zona de auga durante 14 ou 15 días, pero farémolo tamén de forma rotatoria para que ter sempre unha piscina dispoñible e accesible para todos os socios.

  • Todos os centros estarán pechados os festivos.

  • Seguirás gozando de actividades gratuítas, tanto de auga como en seco. Lembra que será preciso reservar praza no quiosco como sempre.

  • Con respecto ao servizo de Centro de ocio infantil Máis que Peques para os pais e nais que asisten a actividades en Navia, seguirá ofrecendo un período de dúas horas a prezo reducido os martes e xoves.

  • Ademais temos algunhas novidades como os cursos intensivos de natación, que podes gozar en xullo e agosto (unicamente en Navia). Xa están dispoñibles as ofertas de cursos para xullo e a partir do día 16 deste mes, poñeremos as de agosto á túa disposición.

  • Con respecto ao pádel, manteñen a oferta de cursos: hai doce en marcha no mes de xullo e tamén en agosto podes inscribirte.

  • E como no verán non todo é esforzo, poñemos a túa disposición unha zona de solarium en Barreiro e Navia que podes usar tamén de xeito totalmente gratuíto.

Agardamos que con estas indicacións o teu verán en Máis que Auga continúe a ser o verán máis saudable e agradable.