Mantén a raia as doenzas con Costas Sas!

18/09/2017

Chegou o momento de que te tomes en serio a túa saúde e  de que non pases por alto as túas molestias. A dor de costas é unha das doenzas  máis común entre os nosos usuarios e por eso en Máis que Auga temos unha actividade especialmentedirixida para alivala: Costas Sas se desenvolve na auga e está pensada para aliviar a dor de lesións de costas e mellorar hábitos posturais.

As clases están orientadas á  patoloxía concreta de cada persoa.  Traballamos tamén a mobilidade da columna vertebral e fortalecemos a musculatura das costas.

Antes de comezar a actividade programámosche unha revisión coa nosa fisioterapeuta quen realiza unha diagnose da doenza sobre a que, posteriormente, o noso técnico traballará na clase. Ao finalizar cada mes o terás de novo unha cita coa fisio para  valorar o traballo feito e comprobar se se está mellorando a diagnose inicial.

Na actividade poden participar  8 persoas como máximo e para acceder a ela e é imprescindible ser socio de Máis que Auga. O custo é de 20,10 euros ao mes por un día á semana e as clases, de 45 minutos, son:

Martes: 11.45h.

Xoves: 11.45h.

As inscricións se realizan no centro de atención ao cliente de Navia. Non lle des ás costas a túa saúde, en Máis que Auga coidamos dela!