As piscinas de Barreiro e Navia, en período de mantemento

20/08/2018

Estamos de cheo na tempada estival momento en que Máis que Auga afronta algunhas tarefas de mantemento que obrigan a pechar zonas das instalacións.

No caso das piscinas e a zona spa, a revisión ven marcada por un regulamento sanitario: unha vez cumpridas esas tarefas no centro de Coia (entre o 1 e o 14 de agosto) tócalles a quenda as instalacións de auga en Barreiro e Navia, onde as piscinas e o spa permanecerán pechados do 17 ao 31 de agosto.

Por outro lado no verán os centros Máis que Auga completan algunhas obras de mellora que teñen por obxectivo habilitar o espazo necesario para o novo equipamento, no caso de Coia. Esas obras realízanse sempre en período de baixa afluencia para causar o menor número de molestias aos usuarios.

Preme aquí e consulta toda a información sobre horarios e servizos no verán.