Máis que Peques celebra o 20 de febreiro o taller `Rimos xogando´

14/02/2016

O 20 de febreiro (11.00 horas) celebramos no Centro de Lecer Infantil Máis que Peques Navia o taller familiar Rimos Xogando.

Esta actividade, que terá unha duración de hora e media, será impartida pola psicóloga e risoterapeuta Sara Piperno, quen destaca a importancia de rir en familia: “Mellora a comunicación entre pais e fillos, aumenta os lazos afectivos e permite compartir emocións positivas, entre outros efectos positivos”.

Nesta hora e media de actividade crearanse experiencias que permitirán á familia xogar, divertirse, aprender e crecer xuntos. E os máis pequenos contaxiarán aos maiores porque a estadística di que os nenos rin unha media de 300 veces ao día, mentres que os adultos entre 15 e 40.

No mes de novembro, Máis que Peques xa celebrou o taller Rimos xogando, que tivo unha enorme aceptación, polo que repetimos experiencia.

Este taller terá un custo de 6,25 euros para as familias socias de Máis que Auga, mentres que o prezo por unidade familiar para os non abonados será de 14 euros. O prazo de inscrición finaliza o día 18 de febreiro. Todos os interesados deben inscribirse a través da seguinte ligazón: