Máis que parellas de feito: parellas de adestramento

Seguro que xa coñeces o noso servizo de adestramento persoal de Máis que Auga. Pero se cadra o que non sabes é que tamén o podes facer con parella. E non, non  nos referimos ao teu compañeiro ou compañeira sentimental (que tamén) senon á parella que ti escollas para adestrar.

Que che aporta esta modalidade? Obrígate a cumprir co adestramento porque estás comprometido (deportivamente falando, claro) con alguén, tes unha motivación extra porque traballas nunha dinámica de sa competitividade co teu compañeiro e creánse uns lazos moi especiais de compañerismo, uns dos valores que máis nos gustan en Máis que Auga.

O igual que na vida é importante que escollas ben a túa parella de adestrameno: é importante que os dous teñades un obxectivo común, como por exemplo, alguén que precise preparar unhas oposicións que conlevan determinadas probas físicas. Aínda que o máis importante deste adestramento é pasalo ben con outra persoa que busca o mesmo ca ti.

Unha vez escollida a parella os nosos técnicos deseñan un programa deportivo específico para vos dependendo de cal sexa o obxectivo que busquedes: baixar peso, gañar masa muscular, ou mellorar o  rendemento.

Así que se queres vencer a preguiza, estar motivado e ser constante no ximnasio a nosa recomendación e que busques un compañeiro ou compañeira que che acompañe neste reto. Os esforzos compartidos costan menos, créenos!