Máis que Auga volve bater o récord de participantes no Trofeo de Pádel 2017

30/06/2017

A quinta edición do Trofeo de Pádel Concello de Vigo-Pérez Rumbao Car dispútase do 1 ao 9 de xullo  nas 11 pistas de pádel das instalacións de Máis que Auga Barreiro e Máis que Auga Navia.  O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estivo presente na presentación deste trofeo que tivo lugar nas pistas de pádel de Barreiro, agradecendo un ano máis o traballo feito pola organización e facendo fincapé na importancia de que Vigo acolla  un  dos torneos máis importantes de toda Galicia.

Un ano máis este campeonato bate o récord de participantes con 464 xogadores, é dicir, 232 parellas. En total,  314 homes e 150 mulleres. Deles, 78 xogadores federados. O que o segue a converter no máis importante torneo de pádel da provincia de Pontevedra. Este ano tamén se acada o récord de participación de menores con 28 nenos inscritos e 14 parellas.

O campionanto conta con catro categorías:  masculina, feminina, mixta e menores. Entre os principais nomes deste campionato destacan as xoves promesas Héctor Guisande e Nacho Vilariñ. O campionatoo conta tamén cos xogadores máis destacados do ránking galego como son Antonio González , Borja López e Jacobo Pérez Cendón.

En mulleres compre mencionar a Paloma Lázaro, terceira no ránking galego e xogadora profesional do World Padel Tour, María Varela , Raquel Seijo e Tamara Aranda, campiona galega en pádel en varias ocasións.