Máis que Auga, un ano en Navia, seis anos con Vigo

21/09/2016

No seu primeiro ano de funcionamento Máis que Auga Navia acadou a cifra de 352.604 entradas do total dos 900.000 clientes que accederon aos tres centros. O complexo convértese na instalación deportiva con maior número de usuarios na cidade. O centro ten unha capacidade estimada en 9.000 abonados e conta na actualidade con 6.900 socios e 2.800 cursillistas.

Máis que Auga ten investido 28 millóns de euros nos seus tres centros deportivos en Vigo atendidos por 120 profesionais, técnicos e monitores deportivos. Os centros contan cunha ampla gama de actividades que inclúe a toda familia, especialmente aos máis pequenos da casa. Máis que Auga é pioneira en clases de wodfit, ou zumba para nenos e adolescentes. Neste senso conta ademáis cun centro de ocio infantil, no que nestes doce meses celebráronse 200 aniversarios polos que pasaron 2.500 convidados.