Jugador en las pistas de pádel Vigo

Máis que Auga: a tua academia de pádel en Vigo

06/07/2017

Nestes días estase a desputar o Trofeo Concello de Vigo-Pérez Rumbao Car, un dos máis importantes do circuito galego de pádel en Vigo. Na cidade somos un referente neste deporte tanto polas infraestructuras das que dispoñemos como pola calidade do equipo e do adestramento.  Máis que Auga conta coas mellores pistas de pádel de Vigo con dous complexos nas instalacións de Barreiro e Navia. As instalacións de Máis que Auga Barreiro teñen 8 pistas de pádel: 1 de muro cuberta, 4 de cristal cubertas e 3 de muro descubertas. Todas son  pistas regulamentarias, con 4 portas, pista central de competición e protexidas dos ventos laterais,

O complexo de  Máis que Auga  Navia conta con 8 pistas de pádel cubertas de cristal panorámico (7 dobres e 1 individual). A instalación ten 12 metros de altura e céspede de última xeración e está alumeada con leds tamén de última xeración. Os vestiarios son exclusivos para os usuarios do complexo de pádel.

En Máis que Auga contamos cunha Academia de Pádel,  co obxectivo de ofrecer o mellor sistema de aprendizaxe aos nosos alumnos de pádel en Vigo

Por qué somos a túa Academia de Pádel en Vigo?

  • En todas as nosas clases utilízase a metodoloxía Pádelglobal: un sistema de adestramento propio baseado no coñecemento científico das Ciencias da Actividade Física e o Deporte, adaptando este coñecemento ao pádel.
  • Da igual o adestrador que imparta a clase, todos os adestradores seguen a mesma programación.
  • Todos os adestradores entran en pista coa sesión de adestramento preparada.
  • Englobamos todos os niveis, desde pa branca (primeira vez que practica deporte de raqueta) ata pa negra (xogador de alta competición).
  • Englobamos todas as idades:

Prepádel (4-6 anos)

Minipádel (7-11 anos)

Pádel Junior (12-16 anos)

Adultos: pa branca, amarela, laranxa, verde, azul, marrón e negra

  • Creamos un conxunto de actividades complementarias á formación

A  metodoloxía Globalpádel  que empregamos nos nosos adestramentos baséase principalmente en 3 puntos

-Profesionalidade dos adestradores:              

Contamos cun equipo humano que demostra a profesionalidade día a día buscando a excelencia en cada un dos adestramentos.

-Programación:

Contamos cunha programación adaptada polo miúdo a todo tipo de alumnos con: obxectivos, contidos, a metodoloxía, medios e recursos didácticos e  avaliación.

-Actividades de complemento do adestramento:

Ademais dos adestramentos contamos con actividades de complemento do ensino; grupos de whatsapp para xogar partidos, competicións, equipos deportivos.

Na Academia de Pádel temos varias competicións ao ano entre elas a Liga de Campiós, o Circuito de Menores e o Trofeo de Pádel Concello de Vigo-Pérez Rumbao que este ano chega xa á súa quinta edición e que se consolida como unha das competicións máis importantes do circuito galego e  no que participan xogadores  de primeiro nivel. Podes consultar toda a información que precises na nosa web maisqueauga.com e gozar das mellores clases de pádel en Vigo.