Pistas en Vigo de pádel

Máis que Auga ten en Vigo as mellores pistas de pádel

10/09/2017

Apúntate gratis ás nosas clases

Na Academia de Pádel Máis que Auga propuxémonos un obxectivo para este ano: conseguir que ninguén se quede sen probar o pádel! A semana do 18 ao 24 de setembro podes recibir clases de balde durante unha hora, sexas ou non socio das instalacións. As clases están impartidas polos adestradores profesionais da Academia de Pádel Máis que Auga  e se desenvolven nas pistas de Máis que Auga Barreiro e Navia.

As clases están abertas para persoas de todas as idades (dende os 4 anos) e para todos os niveis.  Non te perdas esta oportunidade de coñecer un deporte que resulta moi completo para os máis pequenos e que para os adultos suponen un rato de ocio e deporte para compartir con amigos

Para apuntarte ás clases só tes que premar este botón e inscribirte. Non perdas tempo porque as prazas son limitadas!

Máis que Auga conta en Vigo coas mellores pistas de pádel  con dous complexos nas instalacións de Barreiro e Navia. As instalacións de Máis que Auga Barreiro temos 8 pistas de pádel: 1 de muro cuberta, 4 de cristal cubertas e 3 de muro descubertas. Todas son pistas regulamentarias, con 4 portas, pista central de competición e protexidas dos ventos laterais,

O complexo de  Máis que Auga  Navia conta con 8 pistas de pádel cubertas de cristal panorámico (7 dobres e 1 individual). A instalación ten 12 metros de altura e céspede de última xeración e iluminación ledtamén de última xeración. Os vestiarios son exclusivos para os usuarios do complexo de pádel.

A Academia de Pádel de Máis que Auga ten o obxectivo de ofrecer o mellor sistema de aprendizaxe aos osos alumnos de pádel en Vigo.

Por qué somos en Vigo a túa Academia de Pádel?

  • En todas as nosas clases utilízase a metodoloxía globalpádel un sistema de adestramento propio baseado no coñecemento científico das Ciencias da Actividade Física e o Deporte, adaptando este coñecemento ao pádel.
  • Todos os nosos adestradores seguen a mesma programación.
  • Englobamos todos os niveis, desde pa branca (primeira vez que practica deporte de raqueta) ata pa negra (xogador de alta competición).
  • Englobamos todas as idades:

Prepádel (4-6 anos)

Minipádel (7-11 anos)

Pádel junior (12-16 anos)

Adultos: pa branca, amarela, laranxa, verde, azul, marrón e negra

  • Creamos un conxunto de actividades complementarias á formación

A  metodoloxía globalpádel  que empregamos nos nosos adestramentos baséase en 3 eixos

-Profesionalidade dos adestradores:              

Contamos cun equipo humanoque demostra a profesionalidade día a día buscando a excelencia en cada un dos adestramentos.

-Programación:

Temos unha programación personalizadapara todo tipo de alumnos con: obxectivos, contidos, a metodoloxía, medios e recursos didácticos e  avaliación.

-Actividades de complemento do adestramento:

Ademais dos adestramentos contamos con actividades de complemento do ensino; grupos de whatsapp para xogar partidos, competicións, equipos deportivos.

Na Academia de Pádel temos varias competicións ao ano entre elas a Liga de Campiós, o Circuito de Menores e o Trofedo de Pádel Concellos de Vigo-Pérez Rumbao Car que este ano acadou xa á súa quinta edición consolidándose como unha das competicións máis importantes do circuito galego e  no que participan xogadores  de primeiro nivel. Podes consultar toda a información que precises na nosa web maisqueauga.com e gozar  en Vigo das mellores clases de pádel.