Máis que Auga súmase ás carreiras de obstáculos

29/07/2017

31.07.2017

Os seguidores das carreiras de obstáculos ao aire libre poden participar agora con Máis que Auga no principal evento deste tipo en Vigo, tras o acordo de colaboración asinado co Desafío Boot Camp para a proba que se vai celebrar na praia de Samil o día 8 de outubro.

Máis que Auga coordinará desde setembro nos seus centros a inscrición de todos os usuarios que decidan participar integrados nos nosos equipos e que contarán ademais cun desconto de 5 euros na inscrición. Os instrutores de Máis que Auga estarán a cargo dos equipos formados nos centros, de entre 5 e 9 membros, asesorándoos na súa preparación.

As carreiras desafío son un tipo especial de acto deportivo ao aire libre que integra espectacularidade no marco dun contundente reto deportivo, con probas de esforzo e resistencia como ramplas e todo tipo de obstáculos a superar, trepando ou reptando.

Aínda que os circuítos de desafío, spartan ou gladiator races son probas con concursantes de elite e federados, boa parte dos participantes son amateurs que participan formando equipos e gozan de certas vantaxes sobre todo á hora das penalizacións por obstáculos non superados.

Mais que Auga suma así unha nova iniciativa social con esta participación nun evento que gaña en popularidade. O Desafío Boot Camp Vigo celébrase desde o principio na praia de Samil e nesta terceira edición busca converterse nunha das carreiras de referencia en Galicia.

Vídeo presentación da carreira