Máis que Auga respalda a igualdade da muller

07/03/2018

Os centros deportivos Máis que Auga desenvolven un traballo de servizo ao público desde as súas instalacións de Barreiro, Coia e Navia. Con esa vontade de servizo afrontamos a convocatoria do día 8, Día Internacional da Muller, que este ano ten unha especial repercusión social e múltiples convocatorias en defensa da igualdade de dereitos sociais e laborais das mulleres.

Mais que Auga apoia a loita pola igualdade da muller: a nosa plantilla está formada por un 52,18%* de mulleres. Son persoas que nunha proporción paritaria desenvolven as súas funcións sen distincións de xénero e atenden día a día aos usuarios das instalacións.

O xoves día 8, as 12.00 horas, está prevista unha concentración simbólica á porta de cada un dos centros. Durante a xornada do día 8 Máis que Auga atenderá a todos os seus clientes, aínda que a xornada de folga pode provocar a suspensión dalgún servizo. Nas recepcións dos nosos centros, nas nosas RRSS e nos nosos teléfonos habituais estaremos ao seu dispor para calquera consulta sobre actividades ou cursos que puideran eventualmente verse afectados pola xornada de paros.