gimnasios vigo mais que auga nuevo equipamiento

Máis que Auga renova equipamento

En Máis que Auga iniciamos con tanta forza coma ti esta tempada. E queremos que coñezas algunhas das nosas novidades en actividades e instalacións.

As inversións realizadas nos centros este verán acadan os 380.000 euros, cunha parte importante dedicada a melloras (221.000 €) e outra cantidade importante en equipamento (159.000 €).

Este esforzo tradúcese en novos equipos para actividade cardio-vascular e de musculacións coas prestacións máis avanzadas como conexión wifi, recorridos virtuais ou software de adestramento específico.

Destacan 10 novas máquinas de indoor walking en Barreiro e Coia; refórzase o tríatlon indoor nos tres centros con 3 wattbikes e 3 skiergs. Instaláronse tamén 11 novas elípticas en Barreiro e Coia, ademais de novas cintas, 11 novos bancos e máquinas de placas e outras 11 de musculación. Neste dous centros a renovación dos discos e outros materiais para actvidades de peso completan o novo equipamento.

Para facilitar a consulta de actividades aos usuarios instalouse un novo ‘totem’ co sistema Trainingym en cada unha das salas fitness de Barreiro, Coia e Navia. Todos estes cambios aportarán importantes melloras e novas sensacións aos vosos adestramentos.

Novidades en Coia y Navia

Coa intención de mellorar a comodidade dos nosos usuarios e usuarias temos ampliado o espazo dispoñible na sala fitness de Coia. Foi unha obra espectacular, realizada nun tempo récord para ampliar a superficie existente e habilitar novos espazo para actividades. Esa ‘obra de arte’ que tivo intrigados a usuarios e usuarias todo o verán está pensada para ti, coma sempre en Máis que Auga.

Tamén no centro de Navia poderás ver algúns cambios incluídos para a nova tempada. Un novo chan técnico (pavigym) recíbeche agora na sala principal para que actividades como o fitness express resulten máis dinámicas, divertidas e eficaces.

Xusto ao principio de verán inauguramos tamén unha zona específica en Barreiro para indoor walking, incorporando novo e moderno equipamento para esta actividade.

Novas actividades

Por outro lado nos nosos centros démoslle tamén unha volta a algunhas actividades tanto de sala como de auga.

Coa incorporación do método Les Mills as actividades de BodyPump e BodyCombat adoptamos unha nova dinámica de adestramento que pretende ser máis eficaz, segura e divertida. O sistema Les Mills, co seu traballo coreográfico, logra converter un adestramento de alta esixencia nunha experiencia máis entretida.

Os nosos técnicos e técnicas teñen asimilado nas sesións de formación de verán unha aprendizaxe de calidade a cargo do persoal específico de Les Mills. Ademais incorporamos algúns técnicos con experiencia neste campo para sumar ao equipo.

Tamén nas actividades de auga hai novidades. En Barreiro haberá un tipo novo de exercicios para os que prefiren actividades máis intensas: Aquastrong. Son 45’ de exercicio na auga ao ritmo da música.

En Coia habilitamos un corner específico para o desenvolvemento do Aquatraining, con sesións combinadas de auga e exercicios no chan que aportan un pouco máis de intensidade, moderada con exercicios acuáticos para usuarios que buscan ese obxectivo.

Estamos convencidos de que este esforzo de renovación en instalacións, equipamento e actividades servirá para mellorar a túa experiencia Máis que Auga.