Máis que Auga recompensa o teu esforzo

05/05/2018

Huy!

Canso de facer exercicio? Pensando nas maniotas? Benvido ao lugar onde o teu esforzo ten recompensa. Nos centros Máis que Auga imos premiar aos que queren gozar facendo deporte. Non podemos acabar coas maniotas, pero serán máis soportables co desconto que terás polo uso frecuente das nosas instalacións. En Máis que Auga desexarás ter maniotas!

Se aínda non es socio vai a www.maisqueauga.com/maniota e cubre os datos que che pedimos para empezar a túa experiencia en Máis que Auga. E logo a adestrar…. aforrando!

  • Se che matriculas antes do 7 de maio, tes dúas opcións: obter a matrícula gratis e sen permanenecia ou conseguir os meses de Xullo e Agosto gratis. Para obter ese beneficio, o reto é manter unha media de 5 accesos á semana ás nosas instalacións durante os meses de maio e xuño.

  • Para os que teñen un ritmo de adestramento menos frecuente tamén temos premio: un 50% de desconto en Xullo e Agosto para os novos matriculados entre o 11 e o 30 de abril que teñan unha media de 4 accesos á semana.

  • Para os matriculados entre o 11 e o 30 de abril e que teñen un ritmo tranquilo adestrando unha media de 3 accesos á semana terán un desconto o 15% en Xullo e Agosto.

Tamén os máis fieis

Este non é un beneficio só para novas matrículas: se xa es socio de Máis que Auga e antes do 7 de maio alguén se matricula da túa parte nos nosos centros, o socio participará tamén do desconto en función do uso que faga das instalacións (gratis total, desconto do 50%, ou do 15% na cota de Xullo e Agosto).