Máis que Auga promove o deporte en grupo

25/04/2018

Para os que buscan algo máis que facer deporte, os ximnasios Máis que Auga ofrecen a posibilidade de integrarse nalgunha das comunidades deportivas nacidas ao abeiro da actividade propia dos centros de Barreiro, Coia ou Navia.

Á portas dunha tempada de travesías estes días estes días prodúcense xa as primeiras tomas de contacto co mar, tras un outono-inverno de piscinas. É o memento que agardan os membros do Grupo de Travesías que funciona nos ximnasios Máis que Auga con adestramentos itinerantes por centros unha vez á semana.

Para a vintena de integrantes do grupo, o verán é tempada alta nunha actividade que está a medio camiño entre o deporte e o turismo, seguindo unha ruta de travesías que teñen lugar nas distintas localidades de Galicia. Son unha comunidade bastante fiel e compacta, e a natación en augas abertas sempre é propicia para formar grupos mesmo en carreira.

Vocación social en Máis que Auga

Noutro extremo destas comunidades orgánicas están os grupos espontáneos. Xente que se coñece practicando unha determinada especialidade no ximnasio e logo continúan en grupos para ir facer deporte en competicións fóra de Máis que Auga. Como Aroa, Ester, Eva, Marian e Miguel que se coñeceron no box de Barreiro, onde acoden a adestrar no box de wodfit, e agora son habituais nas carreiras de obstáculos tipo gladiator que empezan a popularizarse tamén na zona con probas como o Desafío Boot Camp.

Son carreiras duras, pero sabes ao que vas”, di Aroa, que coincide con Miguel en que un adestramento como o do wodfit te dá un enorme fondo físico para afrontalas. “Eu ata saio relaxado”, comenta.

Non tan duras, se cadra, pero tamén moi esixentes, as probas do circuíto de carreiras populares Runrun Vigo son un escenario habitual para o Grupo de Running de Máis que Auga, que nas probas identifícase facilmente como unha marea amarela polas súas camisetas..

Pasada a media maratón de Vigbay e a Happy Go Running de abril toca afrontar outras competicións do circuíto para maio, Carreira da Cereixa, a nocturna Correndo por Vigo e a de San Juan, en xuño.

O pádel é tamén un deporte propicio para a formación de pequenas comunidades. Normalmente xógase en parellas, e reunir e coordinar a catro persoas obriga a unha certa organización. En Máis que Auga dispoñen dun grupo propio para facelo ao través do whatssapp.

Todas estas comunidades resaltan o carácter social do deporte que está non ADN de Máis que Auga. Se buscas un ximnasio en Vigo, este é o teu sitio.