Máis que Auga prepara un verán saudable con deporte na rúa

Co deporte como centro de atención e un parque de actividades para toda a familia, Máis que Auga quere converter a tarde do sábado 30 en Navia na mellor festa para recibir o verán como é debido.

O festival de verán será tamén un motivo de concienciación xa que o custe íntegro da inscrición está destinado á asociación Bicos de papel que axuda a nenos e nenas en tratamento oncolóxico e ás súas familias.

O escenario desta festa social é a zona parquing do centro de Navia, tanto a fachada principal como a zona cuberta baixo o área pádel, á beira da rúa do Limpiño. Durante toda a xornada, desde as 10.00 ata as 20.00 horas, o protagonismo estará nos propios usuarios que poden participar en clases especiais de zumba e bike, demostracións de exercicios hipopresivos e taekwondo, mentres os máis pequenos poden gozar de actividades como contacontos e inchables, ademais de obradoiros pensados para eles con pintacaras, globoflexia e chapas.

O prato forte no aspecto lúdico e deportivo está centrado en bater o récord de participantes nunha masterclass de zumba en Vigo, tras o éxito do pasado ano onde participaron máis de 500 persoas. A ritmo de zumba poden bailar tamén as familias nunha sesión especial.

Instalaranse máis de 50 bicis de ciclo indoor para realizar actividades de bike que poñerán a proba o estado de forma dos usuarios e usuarias para esta tempada de verán, ocio e aire libre.

Con este festival, Máis que Auga redobra a súa aposta polo deporte o benestar e a saúde, ofrecendo un espazo lúdico protagonizado polos hábitos saudables e deportivos que podes compartir en familia, ao tempo que colaboras nunha acción solidaria coa asociación www.bicosdepapel.org.

Correndo por Vigo

A pouco máis dunha semana da carreira nocturna Correndo por Vigo, Máis que Auga tenta conseguir a máxima afluencia de participantes infantís que serán ben visibles nesta proba do circuíto RunRun Vigo, porque irán vestidos cunha camiseta especial e o anteface dos superherois, de regalo para aqueles que se apunten. Máis que Auga quere así facer visible a importancia do deporte desde a etapa infantil e premiar a implicación das familias neste tipo de actividades que suman deporte y carácter social.