Máis que Auga impulsa o deporte na rúa

09/09/2018

Os nosos runners de Máis que Auga participaron onte con éxito na carreira 10 kilómetros do Berbés, pertencente ao circuíto de carreiras populares Run Run Vigo. Ademais da victoria na categoría feminina da nosa atleta patrocinada, Ester Navarrete, o equipo Máis que Auga logrou colocar no podio a unha das súas corredoras, Rosa María Álvarez Domínguez, terceira clasificada na categoría Veteranas C femininas (VTCF-3). Os runners Máis que Auga participaban cun equipo de 9 persoas, catro mulleres e 5 homes.

A proba disputouse na mañán do domingo nun recorrido de dúas voltas polo interior do porto de Vigo, entre a zona de Beiramar e a Estación Marítima ata completar os 10 kilómetros da proba.

Máis que un Plan

Ademais de ofrecer as mellores instalacións e unha ampla gama de actividades, en Máis que Auga aportamos ao deporte unha dimensión máis social a través das nosas actividades do programa Máis que un Plan.

Este ano seguiremos impulsando os programas de adestramento en equipo para o running e travesías.

Estes adestramentos en grupo están pensados para compartir unha experiencia deportiva baixo a dirección do noso equipo técnico. Deste xeito, tanto correndo como facendo natación poderás progresar sen problemas no teu adestramento. E sobre todo prepararte para vivir experiencias de competición nas que o grupo de Máis que Auga participa.

Para sumarte a estes dous grupos principais podes facelo en calquera dos nosos centros onde te informarán sobre o responsable dos distintos programas.

Dentro de Máis que un Plan temos cada mes un novo reto, na sala ou na piscina, para dinamizar a participación nas actividades: con este tipo de experiencia agardamos despertar o voso espírito competitivo e ofrecervos a posibilidade de visualizar o voso progreso deportivo.