Máis que Auga estrea o Torneo Social de pádel

17/10/2018

As pistas de pádel de Barreiro servirán de sede para a primeira edición do Torneo Social de Pádel Máis que Auga. O sábado 20 de outubro como explica o responsable de pádel de Máis que Auga, Xoel Tejo, “imos facer un encontro lúdico e social, ao que está convocada toda a familia do pádel”. A xornada ten unha vertente deportiva que se celebra entre as 10.00 e as 20.00 horas con partidos para todos os niveis e categorías masculinas ou femininas, desde as pas mini e junior dos principiantes aos xogadores e xogadoras expertas das pas marrón ou negra.

A festa espera reunir a alumnos, técnicos e membros dos equipos, para compartir un bo momento de ocio tras a xornada deportiva, cunha cea-cóctel a partir das 21.00 que ten un prezo de inscrición de 12€ para os socios de Máis que Auga e 15€ para alumnos ou participantes na actividade de pádel. A sesión estará tamén animada con música e desde Máis que Auga agardamos que este encontro festivo sexa un bo plan para unha fin de semana de comezo da tempada.

O pádel de referencia en Vigo

Máis que Auga se ten convertido nestes anos na referencia do pádel en Vigo, tanto polas súas instalacións, con 16 pistas entre os centros de Barreiro e Navia, como polo número de participantes nas diversas competicións en marcha durante o ano.

A Academia de Pádel Máis que Auga forma e adestra a unhas 800 persoas ao ano, que teñen ocasión de practicar e avanzar no pádel nas competicións organizadas para os distintos niveis.

A Liga de Pádel Máis que Auga reúne a equipos participantes de todo Vigo, sexan socios ou non. Considerada a liga de referencia en Pontevedra, esta competición ten o seu desenlace coa copa PadelPrix de Ourense que enfronta aos equipos gañadores de Pontevedra e Ourense na que se considera a Liga do sur.

O Torneo Concello de Vigo e o Campionato provincial son outras dúas competicións do máximo nivel de xogo na cidade.

Máis que Auga lanza tamén este ano a inscrición na Nox Major League pensada para equipos mixtos e que ofrece unha boa ocasión de iniciarse na competición para os niveis inferiores.