Máis que Auga, en Sportgal

18/12/2015

Máis que Auga está presente na feira deportiva Sportgal, que se celebra do 18 ao 20 de decembro no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) en Peinador.

A nosa empresa creou no IFEVI un espazo Máis que Auga, de forma que os visitantes da feira poidan coñecer a nosa oferta deportiva e tamén (en reducido) as nosas instalacións. Así, contamos cunha pista de pádel (con monitores), unha zona para a práctica do tiro con arco (con monitor), outra de ciclo-indoor e unha sala para actividades dirixidas, nas que haberá clases de zumba, taekwondo infantil e moito máis ao longo da fin de semana.

Ademais, Máis que Peques ten un lugar destacado no noso Máis que Auga reducido. Dispoñemos dunha zona de lecer infantil para nenos e pais, na que realizaremos actividades en familia, e unha caseta de maquillaxe para os máis pequenos da casa.

Sportgal abre as súas portas ao público a tarde do venres (de 16.00 h. a 20.00 horas) e a fin de semana o seu horario será de 10.00 h. a 20.00 horas.

Esperámosvos!