Máis que Auga da a coñecer o labor de varias ONG

19/04/2016

A Asociación Española Contra el Cáncer (AEEC) e Médicos sin Fronteras son algunhas das ONG que estarán nos próximos días nos centros Máis que Auga para dar a coñecer a seu labor, sensibilizar coas súas causas e buscar novos socios e simpatizantes que colaboren nas súas campañas.

A AECC estivo este mércores 13 cunha mesa informativa no noso centro de Navia, onde repetirá os días 18 e 27 deste mes de abril. A xunta local de Vigo da AECC axuda a familias que padecen esa enfermidade, na loita por deixar de fumar ou da consellos de cómo previr o cancro a través dos seus profesionais. Ademais, os seus fondos axudan á investigación contra esta enfermidade. Pódese colaborar facéndose socio, voluntario ou aportando un donativo.

Pola súa parte, a ONG Médicos sin Fronteras difundirá, o vindeiro mes de maio, e nos centros Máis que Auga de Coia e Navia, a súa campaña Diálogo Directo, na que explica os seus obxectivos á ciodadanía en xeral. A organización, que en Galicia ten a sede en Santiago, fundouse en París en 1971, por un pequeno grupo de médicos e xornalistas. Hoxe conta con máis de 32.000 profesionais en diferentes países e o apoio duns 5 millóns de socios e colaboradores en todo o mundo.

Trátase dunha das maiores organizacións humanitarias independentes e a súa misión fundamental é dar asistencia a poboacións en situación de crise, sen discriminación por raza, relixión ou ideoloxía política.

Estas accións enmárcanse dentro da política de responsabilidade social de Máis que Auga, no seu obxectivo de comprometerse coas causas xustas e solidarias e de colaborar co seu entorno, máis alá da actividad física e deportiva na que somos especialistas. Podes informarte das nosas iniciativas nesta liña dentro do apartado Máis que un Plan, nesta mesma web.