Máis que Auga combina deporte e ecoloxía co ‘plogging’

31/05/2018

Máis que Auga lanza a vindeira semana o Correcolle, a primeira iniciativa de plogging viguesa. A actividade consiste nunha carreira suave onde os participantes recollen todo tipo de desperdicios (plásticos, latas, bolsas, botellas, etc) ao longo do seu percorrido.

A proba prevista para o vindeiro mércores 6 de xuño ás 21.00 horas é de inscrición gratuíta para todos os participantes. O recorrido parte das instalacións de Máis que Auga en Coia e discorre ao longo de 5,7 kilómetros polas zonas de As Travesas ata o centro de Navia. Terá unha duración estimada dunha hora, incluíndo as paradas.

O plogging é unha iniciativa ambiental nacida en Suecia, que mestura o running coa palabra sueca plocka upp, que significa recoller. Non é so unha actividade ambiental: en Correcolle cada participante queimará unhas 600 calorías facendo un exercicio saudable.

Máis que Auga colabora en moitas iniciativas lúdicas e deportivas, como por exemplo no circuíto de carreiras populares Run Run Vigo do concello de Vigo, no que participa activamente na organización da proba Correndo por Vigo do vindeiro sábado 9 de xuño. A empresa deportiva integrouse recentemente como colaboradora na Fundación España Activa para a promoción e difusión dos hábitos deportivos na sociedade.