Máis que Auga asina un protocolo contra a violencia de xénero

01/06/2016

Máis que Auga ven de asinar un protocolo para prever e combatir calquera acción de violencia ou discriminación contra as mulleres, tanto no ámbito da empresa como na súa contorna de actuación. O protocolo foi acreditado onte pola presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Ángeles Carmona, nun acto oficial celebrado no auditorio do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.

O protocolo compromete directamente aos accionistas do noso grupo, á súa dirección e a tódolos profesionais que traballamos en Máis que Auga a promover “unha cultura de rexeitamento e sensibilización de tolerancia cero ao respeito da violencia contra as mulleres”; un clima empresarial e responsabilidade social corporativa (RSC) orientados á igualdade; e un traballo continuo de información e sensibilización das traballadoras e traballadores dos dereitos que calquera compañeira ten no caso de sofrir algún tipo de violencia machista.

O protocolo contra a violencia de xénero de Máis que Auga contén algús compromisos concretos:

  • Confidencialidade da víctima e dereito a intimidade
  • 48 horas de prazo máximo para que a víctima sexa informada dos seus dereitos e proteccións
  • Apoio legal e sicolóxico á víctima
  • Posibles medidas cautelares contra o denunciado, se son precisas
  • Medidas disciplinares de despido inmediato se se tratase dun compañeiro de traballo