Máis que Auga acada o millón de usuarios

18/12/2016

En Máis que Auga acadamos este ano o millón de entradas ás nosas instalacións, grazas ao bo estado de forma dos 90.000 clientes diferentes que nos escollíchedes para facer deporte, amigos e ocio saudable. É unha cifra récord que confirma o liderato da familia Máis que Auga en servizos deportivos en Galicia. Grazas, especialmente, aos 28.600 socios e cursillistas que demostran que Vigo está máis en forma que nunca.

Máis que Auga é unha empresa 100% viguesa, que leva investidos máis de 28 millóns de euros en instalacións deportivas, atendidas por 120 profesionais cunha oferta baseada en alta calidade a prezos populares. Pero sempre, con personas que atenden a personas.

Se aínda non nos coñeces, invitámoste a probarnos. Temos sitio para ti.