Héctor Guisande con Iago Garcia, e as irmáns Barciela gañan en Navia

09/09/2016

O Campionato Provincial absoluto de Pontevedra celebrado nas nosas instalacións de Navia, rematou na categoría masculina coa victoria da parella formada por Héctor Guisande e Iago González sobre Alejandro Hermández e Nicolás García, nun partido cómodo que rematou cun contundente 6-3 e 6-2.
Foi unha vitoria agardada, desde que na xornada do sábado a parella derrotara nunha final anticipada a un dos grandes favoritos, o campión galego Fernando Alonso Población que xogaba xunto a David García.

Héctor Guisande, campión galego cadete, confirma así as súas aspiracións á máxima categoría. No seu palmarés figura xa o Torneo de pádel Cidade de Vigo celebrado tamén en Máis que Auga Navia nos anos 2015 e 2016.

As xemelgas Barciela imparables

Na categoría feminina as vencedoras foron xemelgas Carla e Sabela Barciela que gañaron por 3-6, 6-2 e 6-2 á parella formada por Paloma Lázaro e Tamara Aranda. Final moi disputada con dúas parellas claras favoritas desde o principio neste campionato. Sabela e Carla Barciela ocupan o 1º e 2º posto no ranking galego, mentres Paloma Lázaro está no 4º posto.