Grazas por acompañarnos na Festa Máis que Auga!

16/09/2017

GRAZAS! Non podíamos ter soñado un comezo mellor de tempada, con todos vos, acompañándonos nunha noite tan especial como foi a deste sábado 16 de setembro. O espectacular entorno do Museo do Mar nun lugar tan noso, foi o marco perfecto para gozar dunha noite de festa coa mellor compañía: a vosa!

Grazas por compartir con nós unha das últimas veladas do verán, na que poidemos coñecernos un pouco mellor, bailar sen presa (pero sen pausa) e deixar que nos deran as cinco da mañá sen case darnos conta.

Grazas tamén aos que contribuiron a facer que esta festa fora diferente e inesquecible: ao grupo de rock os Gin Toni’s por dalo todo no escenario e ao dj Xoel Muiños por ser quen de facernos bailar ata as tantas. Grazas a Pastelería Montserrat Catering polo seu exquisito menú e por convidarnos á primeira copa. Grazas ao nosos técnicos por prepararnos unha coreografía tan divertida e por dalo todo sempre. E por suposto grazas a vos, socios e amigos, que demostráchedes que nas festas tamén sodes únicos superando retos!

Queríamos sorprendervos con algo diferente porque os que confiades en nos, día a día, merecedes esto e máis. Agardamos telo conseguido. Ata a próxima!