Fitness para embarazadas nos nosos ximnasios en Vigo

09/11/2017

Máis que Auga é moito máis que un ximnasio, é un espazo no que coidamos do teu benestar e saúde en todos os ciclos vitais. De feito, empezamos a mirar polos nosos socios antes de que nazan, cando aínda están no útero materno. Fitmom ou fitness para embarazadas é unha actividade que impartimos nos nosos tres ximnasios en Vigo: Barreiro, Coia e Navia. Atrás quedaron os tempos desa falsa creenza no que se recomendaba reposo absoluto: o embarazo é un estado, non unha enfermidade!

Eso sí, facemos exercicio  pero dende a responsabilidade. Para acudir ás clases precisamos que traias o consentimento do teu médico e o certificado da túa matrona. E  tranquila non imos poñerte a saltar ou a facelo pino! O Fitmom é unha actividade que dura 45 minutos na que se mesturan exercicios suaves de ioga e pilates dirixidos e adaptados ás que ides ser nais. O exercicio que se fai nos nosos ximnasios en Vigo para embarazadas aporta benestar á nai e ao bebé. Nas clases tráballase a mobilidade pélvica, a prevención e disminución de dores de espalda e a tonificación de diversos grupos musculares.  Unha parte moi importante é a relaxación  e a respiración porque é fundamental que  pases este período tan importante da túa vida en armonía e tranquilidade. Podes acudir dende a semama 12 de xestación.

Experiencia de embarazadas nos nosos ximnasios en Vigo

Belén Moure e María Pereira, dúas usuarias de Fitmom en Barreiro, nos contan cómo está sendo a súa experiencia nas clases. Belén, está na súa semana 31 de xestación e ésta será a súa segunda filla. Antes de ter a primeira, hai tres anos, fixo algo parecido ao Fitmom e asegura que a axudou tanto no momento do parto que non dubidou nin un momento en apuntarse ás clases. Ademáis tanto ela, como o seu marido e a súa filla son socios dos nosos ximnasios en Vigo  así que xa coñecía esta actividade.

Para María, que está na semana 24 de xestación éste é o seu primeiro embarazo pero tiña claro que non quería estar queta. Tamén era  socia de Máis que Auga así que xa tiña moitas e boas referencias desta actividade. Tampouco o dubidou e asegura estar encantada polos beneficios que lle está aportando.

O Fitmom se pode complementar perfectamente con outra das nosas clases: Embarazauga, exercicios para embarazadas na auga que impartimos nos centros de Barreiro, Coia e Navia. E por suposto, unha vez que es nai, podes vir a recuperarte ás clases de Fitmom posparto, tamén nos 3 centros de Barreiro, Coia e Navia aos que ademais podes acudir co teu bebé.