‘Fitball drums’, a ritmo de baquetas

04/06/2017

As clases de fitball drums combinan aeróbic, percusión e coreografía. Son divertidas e eficaces. Son a última novidade que vimos de incorporar ás actividades dirixidas de Máis que Auga  Barreiro. Todos os mércores ás 11.15 horas e os venres ás 19.30 horasa sala 5 das instalacións está a rebosar de ritmo e enerxía.

Carla Stricoli é a técnica que imparte as clases de fitball drums, nas que se combina o traballo aeróbico con percusión e coreografía. O fitball está suxeito a unhas bases de step e os alumnos armados cunhas baquetas levan o ritmo da música mesturando os movementos de percusión co baile: a diversión está asegurada.

A práctica do fitball drums mellora a coordinación, a psicomotricidade, a axilidade e o ritmo, e por suposto é ideal para liberar estrés. Carla asegura qué un exercicio apto para todo o mundo. A dúbida é a seguinte: e os que somos arrítmicos? Tamén está recomendada para nós esta clase? Carla é categórica: “Por suposto! A clase lles axudará a mellorar e sobre todo e o máis importante van a pasalo ben igual”

Ao principio aos usuarios que pasaban por diante da porta se preguntaban qué era o que facía un grupo de xente dándolle a un balón cunhas baquetas e xirando ao seu redor.  Agora, a maioría, xa sabe que é a clase de fitball drums e moitos deles pasaron de asomarse á porta para curiosear a reservar clase e ser incondicionais desta nova actividade. E polo que nos contan crea adicción!

Se es usuario de Máis que Auga Barreiro podes apuntarte a estas clases gratuitas ao través do noso sistema de reservas da web maisqueauga.com ou no kiosko dos centros. As baquetas están agardando por ti!