Finais do torneo Fundación Celta en Máis que Auga

06/11/2015

O III Torneo de Pádel da Fundación Celta de Vigo chega mañá sábado 7 de novembro a súa fase final no complexo de pádel de Máis que Auga en Navia. Despois de case dez días de partidos, mañá (a partir das 10.00 horas) comezará a ronda final do torneo e pola tarde disputaranse as finais.

O torneo de pádel permitiu a participación en Máis que Auga Barreiro e Máis que Auga Navia de 340 xogadoras e xogares en 11 categorías diferentes. As 170 parellas participantes foron xogando a competición durante os últimos días, ata chegar as finais de mañá donde participan os mellores de cada categoría. O adestrador do Celta de Vigo, Eduardo Berizzo, foi un dos participantes neste torneo, xa que é un afeccionado a xogar ao pádel con membros do equipo técnico do club vigués.