Máis que auga http://maisqueauga.com As mellores instalacións deportivas de Vigo Thu, 21 Jun 2018 22:42:18 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.4 Natalia Dieste, de Bicos de Papel: “co ‘FestiMáis’ conseguimos maior visibilidade” http://maisqueauga.com/natalia-dieste-co-festimais-conseguiremos-maior-visibilidade/ Thu, 21 Jun 2018 22:26:58 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12575/

Natalia Dieste: "co 'FestiMáis' conseguimos maior visibilidade"

The post Natalia Dieste, de Bicos de Papel: “co ‘FestiMáis’ conseguimos maior visibilidade” appeared first on Máis que auga.

]]>

A unha semana escasa da realización do FestiMáis, a presidenta da asociación Bicos de Papel de pacientes oncolóxicos infantís, Natalia Dieste, o director de operacións de Máis que Auga, Francisco Cortegoso e o coordinador do programa de actividades externas Máis que un Plan, Alejandro Brea, reúnense para definir aspectos pendentes do gran festón organizado para o día 30. Natalia resúmenos nesta entrevista as súas sensacións sobre o evento e fálanos do seu traballo na asociación Bicos de Papel.

Como ves o ambiente?

Cando ves o programa sabes que hai moita xente involucrada e implicada. Iso é o máis importante porque o esencial é que a xente coñeza o que facemos. Ademáis, cumprimos un ano en Vigo o día 28: é como a nosa festa de aniversario.

Como imaxinas a xornada do día 30 en Navia?

O imaxino como unha festa familiar e superdivertida, agradable e supersolidaria. Este tipo de eventos sacan o mellor das persoas. Será unha tarde marabillosa e digna de gozar.

A recadación do FestiMáis irá íntegramente a asociación: é a maior satisfacción?

O diñeiro é importante pero a visibilidade o é máis, se cabe. Que a xente saiba o que estamos a facer na asociación, como o facemos.

Que tipo de axuda prestades aos pacientes oncolóxicos infantís e ás familias?

Temos un sicólogo que axuda ás familias porque o núcleo familiar enteiro, os pais, os irmáns, a propia parella, resíntese cando un neno ou nena é diagnosticado de cancro. E isto é algo que o sistema sanitario non cubre. Nós damos ese apoio mediante terapias de grupo e diversas actividades que axudan moito ás familias.

Onde ofrecedes esa asistencia?

Temos un local no Hospital Álvaro Cunqueiro porque é alí onde se concentra a atención aos rapaces: funcionamos como un sistema sanitario de apoio e somos a asociación de referencia na zona de Vigo. Tratamos cos profesionais oncólogos, coa xerencia e as familias cun protocolo específico, antes, durante e despois dos tratamentos, porque moitas veces hai secuelas.

Ata onde chega o voso radio de acción? 

Apoiamos ás familias tratadas no Hospital Álvaro Cunqueiro, veñan de onde veñan. Son sobre todo persoas de todas as poboacións de Vigo e Ourense.

Como facedes para cubrir os gastos da vosa actividade?

Imos cubrindo os gastos cos recursos que aportan os nosos socios e socias, con cotas fixas ou aportacións esporádicas. E con moita, moita, colaboración.

Programa do FestiMáis

The post Natalia Dieste, de Bicos de Papel: “co ‘FestiMáis’ conseguimos maior visibilidade” appeared first on Máis que auga.

]]>
Campus Máis que Peques: divertirse e mellorar a vida social e afectiva http://maisqueauga.com/campus-mais-que-peques-divertirse-e-mellorar-vida-social-e-afectiva/ Thu, 21 Jun 2018 18:55:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12479/

Campus Máis que Peques: divertirse e mellorar a vida social e afectiva

The post Campus Máis que Peques: divertirse e mellorar a vida social e afectiva appeared first on Máis que auga.

]]>

Para os máis pequenos da casa, Máis que Auga ofrece en Navia unha alternativa para o verán no Campus Máis que Peques, adaptado ás necesidades lúdicas, sociais e afectivas dos nenos e nenas entre 3 e 6 anos.

Como explica a responsable do servizo, Beatriz Aparicio, “Máis que Peques é un espazo diferente, nunhas instalacións acondicionadas con xogoteca, sala de usos múltiples e terraza ao aire libre que proporciona o entorno máis estimulante para as actividades de convivencia con fins educativos, sociais e afectivos dos máis pequenos”.

O Campus de verán ten un horario amplo de 9.30 a 13.30 horas, pero para atender ás necesidades dos pais que durante a etapa estival teñen horarios intensivos, o período pode ser extendido cun pequeno custe a maiores, desde 8.00 a 15.00 horas, coas opcións Madrugadoiro e Mediodía.

Durante todo o tempo que pasan no campus, os rapaces e rapazas están atendidos por monitores profesionais. Como son persoal estable, os nenos e nenas familiarízanse rapidamente con eles, o que contribúe a integralos rapidamente nos xogos e actividades pensadas para eles.

Ese factor de familiaridade é un dos aspectos máis coidados no programa dos campus. Os pequenos teñen ocasión de liberarse das tarefas rutineiras do día a día na casa, e dun certo estrés que acompaña a vida familiar hoxe en día, con idas e voltas, recollidas e traslados onde participan pais e nais e familiares. Mergullados nun espazo tranquilo e creativo como Máis que Peques, os rapaces melloran as súas capacidades sociais, aprenden a compartir e a agardar a súa quenda. Tamén no aspecto afectivo desenvolven unha maior autoestima: son máis abertos cos demais e menos tímidos.

The post Campus Máis que Peques: divertirse e mellorar a vida social e afectiva appeared first on Máis que auga.

]]>
Máis que Auga organiza o VI Trofeo de pádel Concello de Vigo http://maisqueauga.com/mais-que-auga-organiza-o-vi-trofeo-de-padel-concello-de-vigo/ Wed, 20 Jun 2018 21:40:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12556/

VI Trofeo de pádel Concello de Vigo

The post Máis que Auga organiza o VI Trofeo de pádel Concello de Vigo appeared first on Máis que auga.

]]>

Un ano máis as instalacións de pádel de Máis que Auga en Barreiro e Navia acollen o torneo de pádel máis numeroso e aberto do sur de Galicia.

A sexta edición do Trofeo Concello de Vigo ten lugar entre o 30 de xuño e o 8 de xullo e as inscricións para os participantes quedan pechadas o luns 25.

No Trofeo Concello de Vigo, patrocinado este ano por Celtamotor, danse cita os mellores xogadores e xogadoras federados de pádel, xa que o torneo puntúa para o ránking galego. Pero tamén reúne aos aspirantes de todos os niveis que teñen ocasión de disputar partidos cos mellores nas primeiras rondas.

Con categorías para todos os niveis e todas as idades, este trofeo dispútase nas pistas de Barreiro e Navia durante toda a semana, e a fin de semana os partidos trasládanse ás pistas de Navia para as finais.

The post Máis que Auga organiza o VI Trofeo de pádel Concello de Vigo appeared first on Máis que auga.

]]>
‘FestiMáis’, a festa deportiva e solidaria que abre o verán en Máis que Auga http://maisqueauga.com/festimais-festa-deportiva-e-solidaria-que-abre-o-veran-en-mais-que-auga/ Sun, 17 Jun 2018 22:10:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12530/

'FestiMáis', a festa deportiva e solidaria do verán en Máis que Auga

The post ‘FestiMáis’, a festa deportiva e solidaria que abre o verán en Máis que Auga appeared first on Máis que auga.

]]>

O FestiMáis que Máis que Auga ofrece o día 30 de xuño en Navia aos usuarios e ao público en xeral é unha auténtica festa solidaria. O importe íntegro da recadación -2€ para socios para este evento, 4€ para non socios, destínase á asociación Bicos de Papel que se ocupa na cidade da atención aos pacientes oncolóxicos infantís e ofrece apoio ás familias.

Hai tamén prevista durante os días previos unha Fila 0 na que os usuarios de Máis que Auga poden aportar a súa doazón, tras contabilizar largos solidarios nadando na piscina ou metros solidarios nas bicis de ciclo indoor da sala fitness.

Con Máis que Auga o esforzo físico convértese en solidariedade. E xunto ao aspecto solidario esta festa traslada ao aire libre múltiples actividades deportivas e de ocio e espectáculo, convertendo a zona de 4.000 m2 do parking propio de Navia (baixo as pistas de pádel) no campo da festa.

O momento máis especial será durante a mañán coa sesión de Zumba Familias onde Máis que Auga tentará reunir ao maior número de persoas participantes nunha master class de zumba na cidade.

O FestiMáis ofrece ás familias unha ocasión para divertirse xunto aos seus fillos. Durante toda a xornada están previstas actividades para os fillos e fillas: obradoiros de globoflexia, chapas e pintacaras. Tamén poden gozar dun parque de inchables.

A viaxe imaxinaria está asegurada coa presenza de contacontos e un espectáculo de maxia.

Ao final da tarde, unha festa da espuma para todos encargarase de refrescar o ambiente antes de marchar.

Con esa suma de deporte, diversión e valor social e solidario o FestiMáis inaugura a tempada de verán en Máis que Auga.

Programa do FestiMáis

The post ‘FestiMáis’, a festa deportiva e solidaria que abre o verán en Máis que Auga appeared first on Máis que auga.

]]>
Mais que Auga retira 60 kilos de residuos co Correcolle http://maisqueauga.com/mais-que-auga-elimina-das-ruas-60-kilos-de-residuos-co-correcolle/ Fri, 15 Jun 2018 11:55:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12447/

Mais que Auga retira 60 kilos de residuos co Correcolle

The post Mais que Auga retira 60 kilos de residuos co Correcolle appeared first on Máis que auga.

]]>

A iniciativa do Correcolle de Máis que Auga conseguiu xuntar na tarde-noite do mércores a uns 30 participantes que retiraron de rúas e parques 60 kilos de pequenos residuos no que é a primeira experiencia do plogging en Vigo. O obxectivo era dar a coñecer esta práctica deportiva-ecolóxica, mestura do running e a palabra sueca plocka upp, ‘recoller’.

Equipados con luvas e bolsas de lixo azuis e camisetas ameralas de Mais que Auga, o grupo saíu as 21.00 horas en carreira suave por un circuíto de 5,7 kilómetros que, desde o centro Máis que Auga de Coia, atravesou a avenida de Florida e a Praza de América para enfiar logo a Avenida de Castelao ata chegar a Navia. Os correcolledores inspeccionaban ao seu paso beirarrúas, paseos e parques en busca de pequenos residuos que recoller.

A carreira estaba combinada con exercicios de agachadas ou sentadiñas por cada plástico ou papel e burpees (flexión e salto) por cada lata recollida. Durante a hora que durou a experiencia cada participante recolleu unha media de 2 kilos de residuos. No aspecto físico, as flexións ou sentadiñas realizadas equivalían a queimar unhas 600 calorías.

O grupo non pasou desapercibido nas rúas, tanto polo número de corredores uniformados coa camiseta amarela de Máis que Auga circulando entre os peóns, como polo ambiente animado ao que contribuía o grupo con berros e de ánimo, mentres realizaban as súas funcións de limpeza.

As bolsas azuis cheas dos correcolledores atravesando o parque de Navia ao final do recorrido destacaban o vínculo entre o deporte e a conciencia ambiental que estaba na base da iniciativa pioneira na cidade de Vigo.

The post Mais que Auga retira 60 kilos de residuos co Correcolle appeared first on Máis que auga.

]]>
Yaiza Rodríguez: “os técnicos de Máis que Auga sacan o mellor de ti” http://maisqueauga.com/yaiza-rodriguez-os-tecnicos-de-mais-que-auga-sacan-o-mellor-de-ti/ Thu, 14 Jun 2018 14:55:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12519/

Yaiza Rodríguez: "os técnicos sacan o mellor de ti"

The post Yaiza Rodríguez: “os técnicos de Máis que Auga sacan o mellor de ti” appeared first on Máis que auga.

]]>

Para esta viguesa de 32 anos e traballadora do servizo municipal de parques e xardíns o deporte forma parte da súa vida de sempre. Yaiza Rodríguez aprendeu na casa a probar de todo: “o meu pai teimaba sempre con que fixéramos exercicio os meus irmáns e máis eu. Meteunos de pequenos en atletismo, pero tanto daba se era subir aos árbores, colgarse dos aparellos do parque infantil ou xogar ao fútbol”.

Usuaria de Navia “desde que empezou o centro”, foi desenvolvendo diversas actividades ata que un dos técnicos de Máis que Auga convenceuna hai un ano para probar co tríatlon indoor. “Os técnicos son o mellor que ten o ximnasio: fanche probar cousas novas e sacan o mellor de cada unha. Somos unha gran familia”.

Neste deporte, a diferenza do tríatlon convencional, as especialidades realízanse con aparellos ergómetros, é dicir, máquinas que simulan o esquí, o remo e o ciclismo respectivamente. As probas son pura potencia e forza explosiva realizada ben sumando vatios de esforzo ou metros recorridos nun tempo dado; ben en series de distancias que hai que recoller no menor tempo posible.

“Ata agora competín no campionato autonómico e gañei na miña categoría. Realmente daquela non había moitas competidoras pero, comparando os meus tempos con competidores nacionais, estou entre as primeiras”. E agora Yaiza acode a Madrid para participar no seu primeiro campionato de España, ao máximo nivel, competindo en dúas modalidades: a primeira son 3 minutos en cada aparello e 1 minuto de descanso entre eles para sumar o maior número de vatios de esforzo posible. No segundo caso son 300 metros del skier (ergómetro de ski), 3 kilómetros de bici e 700 metros de remo a recorrer no menor tempo posible.

Á hora de preferir especialidade no tríatlon indoor, Yaiza non ten dúbida: “o peor é o remo, porque é o final da proba e chegas co que che queda”.

A súa rutina de probalo todo ten cambiado algo nos últimos meses, para dedicarse a preparar intensamente unha proba nacional. Con Máis que Auga deu o salto aos campionatos máis esixentes: sempre da man dos técnicos.

The post Yaiza Rodríguez: “os técnicos de Máis que Auga sacan o mellor de ti” appeared first on Máis que auga.

]]>
Máis que Auga implícase como colaborador en ‘Correndo por Vigo’ http://maisqueauga.com/mais-que-auga-implicase-como-colaborador-en-correndo-por-vigo/ Thu, 07 Jun 2018 18:55:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12471/

Máis que Auga implícase como colaborador en 'Correndo por Vigo'

The post Máis que Auga implícase como colaborador en ‘Correndo por Vigo’ appeared first on Máis que auga.

]]>

Como ven sendo habitual Máis que Auga colabora este ano coa organización da carreira nocturna Correndo por Vigo, do circuíto de carreiras populares Run Run Vigo, sendo o patrocinador da carreira infantil.
Este ano, como novidade os participantes infantís vestían unha camiseta especial e o anteface dos superherois, de regalo coa inscrición dos pais na proba. Máis que Auga facía visible así a importancia do deporte desde a etapa infantil e premiaba a implicación das familias neste tipo de actividades que suman deporte y carácter social.
O esforzo de Máis que Auga centrouse ademais en prestar apoio loxístico para a celebración de proba. Os seus pacers estaban integrados na carreira para marcar os diversos ritmos aos participantes según o seu nivel. Durante o transcurso de Correndo por Vigo un set de animación musical puña ambiente para os espectadores e animadores no entorno da instalación de Coia. Ao remate da proba os participantes podían usar gratuitamente vestiarios e zona spa do centro de Coia.
A colaboración de Máis que Auga coas actividades deportivas que se desenvolven no ámbito local é parte da súa función. Estender o deporte e os hábitos saudables entre a poboación de Vigo é ademais unha vía para ofrecer aos nosos usuarios a oportunidade de participar nas mellores condicións en actividades estimulantes.
Participar con Máis que Auga permite beneficiarse moitas veces de prezos de inscrición reducidos e implicarse de xeito lúdico en eventos de carácter familiar. Cada unha das probas deportivas nas que Máis que Auga colabora é tamén unha ocasión de de avaliar o rendemento conseguido nos adestramentos nos nosos ximnasios en Vigo.

The post Máis que Auga implícase como colaborador en ‘Correndo por Vigo’ appeared first on Máis que auga.

]]>
Máis que Auga, deporte en defensa do medio ambiente http://maisqueauga.com/mais-que-auga-deporte-en-defensa-medio-ambiente/ Sun, 03 Jun 2018 21:55:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12443/

Máis que Auga, deporte en defensa do medio ambiente

The post Máis que Auga, deporte en defensa do medio ambiente appeared first on Máis que auga.

]]>

Os case 30.000 socios e cursillistas que atende cada ano Máis que Auga nas súas instalacións coñecen de primeira man o noso compromiso co deporte, o benestar e a saúde. Pero hai máis de 50.000 persoas que participan en actividades deportivas e de contido social organizadas ou patrocinadas por Máis que Auga fóra dos centros de Barreiro, Coia e Navia. Todas elas estenden o noso compromiso no ámbito local e con eles contamos para asumir tamén novos compromisos que implican a mellora dos nosos espazos vitais.

En Máis que Auga realizamos moitas actividades deportivas ao aire libre sempre que é posible, porque compartimos o gusto polos espazos abertos.

Esta semana, na que se celebra o Día Internacional do Medio Ambiente, presentamos a iniciativa do Correcolle, que supón a primeira experiencia de plogging en Vigo. É unha práctica na que combinamos o exercicio deportivo coa actividade ambiental, participando na recollida de pequenos residuos no ámbito urbano.

Non se trata de facer limpeza: trátase de realizar un xesto simbólico, de tomar partido pola mellora da nosa contorna. Máis que Auga traslada ese compromiso á rúa, no seu ámbito de actividade, cun recorrido entre As Travesas e Navia ao que están invitados todos os usuarios e usuarias e calquera cidadán que desexe sumarse.

A mellora do espazo vital é un propósito presente nos nosos centros deportivos, que son instalacións cun alto grao de sostibilidade e que agora queremos trasladar tamén ao exterior, con actividades como este Correcolle. Desde Máis que Auga queremos compartir ese reto ambiental con todos os cidadáns, e sumar o seu impulso e enerxía á mellora do noso medio.

The post Máis que Auga, deporte en defensa do medio ambiente appeared first on Máis que auga.

]]>
Máis que Auga combina deporte e ecoloxía co ‘plogging’ http://maisqueauga.com/mais-que-auga-combina-deporte-e-ecoloxia-co-plogging/ Thu, 31 May 2018 21:59:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12405/

Máis que Auga combina deporte e ecoloxía co ‘plogging’

The post Máis que Auga combina deporte e ecoloxía co ‘plogging’ appeared first on Máis que auga.

]]>

Máis que Auga lanza a vindeira semana o Correcolle, a primeira iniciativa de plogging viguesa. A actividade consiste nunha carreira suave onde os participantes recollen todo tipo de desperdicios (plásticos, latas, bolsas, botellas, etc) ao longo do seu percorrido.

A proba prevista para o vindeiro mércores 6 de xuño ás 21.00 horas é de inscrición gratuíta para todos os participantes. O recorrido parte das instalacións de Máis que Auga en Coia e discorre ao longo de 5,7 kilómetros polas zonas de As Travesas ata o centro de Navia. Terá unha duración estimada dunha hora, incluíndo as paradas.

O plogging é unha iniciativa ambiental nacida en Suecia, que mestura o running coa palabra sueca plocka upp, que significa recoller. Non é so unha actividade ambiental: en Correcolle cada participante queimará unhas 600 calorías facendo un exercicio saudable.

Máis que Auga colabora en moitas iniciativas lúdicas e deportivas, como por exemplo no circuíto de carreiras populares Run Run Vigo do concello de Vigo, no que participa activamente na organización da proba Correndo por Vigo do vindeiro sábado 9 de xuño. A empresa deportiva integrouse recentemente como colaboradora na Fundación España Activa para a promoción e difusión dos hábitos deportivos na sociedade.

The post Máis que Auga combina deporte e ecoloxía co ‘plogging’ appeared first on Máis que auga.

]]>
Máis que Auga prepara un verán saudable con deporte na rúa http://maisqueauga.com/mais-que-auga-prepara-un-veran-saudable-con-deporte-na-rua/ Wed, 30 May 2018 21:45:32 +0000 http://maisqueauga.com/?p=12372/

Verán saudable en Máis que Auga con deporte na rúa

The post Máis que Auga prepara un verán saudable con deporte na rúa appeared first on Máis que auga.

]]>

Co deporte como centro de atención e un parque de actividades para toda a familia, Máis que Auga quere converter a tarde do sábado 30 en Navia na mellor festa para recibir o verán como é debido.

O festival de verán será tamén un motivo de concienciación xa que o custe íntegro da inscrición está destinado á asociación Bicos de papel que axuda a nenos e nenas en tratamento oncolóxico e ás súas familias.

O escenario desta festa social é a zona parquing do centro de Navia, tanto a fachada principal como a zona cuberta baixo o área pádel, á beira da rúa do Limpiño. Durante toda a xornada, desde as 10.00 ata as 20.00 horas, o protagonismo estará nos propios usuarios que poden participar en clases especiais de zumba e bike, demostracións de exercicios hipopresivos e taekwondo, mentres os máis pequenos poden gozar de actividades como contacontos e inchables, ademais de obradoiros pensados para eles con pintacaras, globoflexia e chapas.

O prato forte no aspecto lúdico e deportivo está centrado en bater o récord de participantes nunha masterclass de zumba en Vigo, tras o éxito do pasado ano onde participaron máis de 500 persoas. A ritmo de zumba poden bailar tamén as familias nunha sesión especial.

Instalaranse máis de 50 bicis de ciclo indoor para realizar actividades de bike que poñerán a proba o estado de forma dos usuarios e usuarias para esta tempada de verán, ocio e aire libre.

Con este festival, Máis que Auga redobra a súa aposta polo deporte o benestar e a saúde, ofrecendo un espazo lúdico protagonizado polos hábitos saudables e deportivos que podes compartir en familia, ao tempo que colaboras nunha acción solidaria coa asociación www.bicosdepapel.org.

Correndo por Vigo

A pouco máis dunha semana da carreira nocturna Correndo por Vigo, Máis que Auga tenta conseguir a máxima afluencia de participantes infantís que serán ben visibles nesta proba do circuíto RunRun Vigo, porque irán vestidos cunha camiseta especial e o anteface dos superherois, de regalo para aqueles que se apunten. Máis que Auga quere así facer visible a importancia do deporte desde a etapa infantil e premiar a implicación das familias neste tipo de actividades que suman deporte y carácter social.

The post Máis que Auga prepara un verán saudable con deporte na rúa appeared first on Máis que auga.

]]>