Éxito das nosas corredoras no Run Run Vigo!

14/01/2018

Felicidade absoluta! Noemí Gómez e Dolly García, do equipo de running Máis que Auga veñen de acadar o segundo e terceiro posto respectivamente na categoría feminina 1 do circuito de carreiras Run Run Vigo que celebrou a súa última proba coa subida ao Castro. A esta alegría súmase tamén que a campiona deste circuito é Ester Navarrete, coa que Máis que Auga mantén un  convenio de colaboración que lle permite prepararse físicamente nas nosas instalación. Así que alegría triple por esta vitorias!

Noemí ten 32 anos chegou a Vigo hai pouco máis de 8 meses e o primeiro que fixo foi buscar un grupo de running no que ademáis de correr poidera realizar outro tipo de actividades: escolleu Máis que Auga. Non podía imaxinar que pouco tempo despois ía alzarse co segundo posto dun dos circuitos máis populares de Vigo. Noemí cóntanos que non descubríu o running ata hai 5 anos e que ata esa data nunca antes fixera deporte. Entre risas asegura que ata este momento as únicas probas deportivas que gañou foron as San Silvestre do seu pobo en Guardo (Palencia)  Noemí márcase un obxectivo por tempada: o pasado ano foi a Behobia e para o 2018 a súa meta é a VigBay

Dolly en 39 anos e leva un ano e medio no grupo de running de Máis que Auga.  Para ela correr é a súa paixón, moito máis que o baile que practicou dende pequena pero que acabou aparcando para adicarse ao  que máis lle gusta. A Dolly o running apórtalle enerxía, positividade, liberdade. En definitva, tal e como ela mesma o resume: felicidade.  Asegura que o running é un reto e un desafío constante para con ela mesma.  Quere superarse continuamente e para elo non escatima ningún esforzo.  E aínda que agora está moi satisfeita con este terceiro posto, para esta tempada que comeza quere máis. Estancarse non está entre as súas metas.

Tanto no caso de Noemí como de Dolly a constancia, a disciplina e o esforzo otorgoulles unha gran recompensa. E nós non podemos estar máis orgullos de que estas dúas campionas como Noemi e Dolly (sen esquecer a Ester, claro) se uniran ao equipo de running Máis que Auga para acompañarlles nos seus retos. Parabéns  RunRuneras!!!